O presidente do Consello Consultivo de Galicia asiste a un foro que analiza o crecemento e innovación da Comunidade

O presidente do Consello Consultivo de Galicia asiste a un foro que analiza o crecemento e innovación da Comunidade

 

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2026.- O presidente do Consello Consultivo de Galicia, Andrés Lago Louro, estivo presente no Encontro 40º aniversario Expansión Galicia “Crecemento, Investimento, innovación”, que foi inaugurado hoxe en Santiago de Compostela polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Neste evento se deron cita máis dun cento de empresarios e representantes institucionais, entre eles, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González. Tanto na inauguración como nas mesas redondas, o foro serviu para facer un repaso da situación económica da Comunidade galega, ademais de tratar sobre a necesidade da seguridade xurídica e regulamentaria para garantir o crecemento.

Andrés Lago acudiu para coñecer as reflexións de representantes da Administración galega e do tecido empresarial da Comunidade Autónoma sobre os factores que fan atractiva a Galicia como terra para investimentos; así como as reflexións referidas a Intelixencia Artificial, enerxía, dixitalización e talento.

Ademais do Consello Consultivo de Galicia, neste foro tamén houbo representación doutros órganos relevantes na comunidade, como o presidente do Consello Económico e Social (CES) de Galicia, Manuel Pérez Álvarez, e o conselleiro maior do Consello de Contras, Juan Carlos Aladro Fernández.

O Consello da Cultura Galega é un órgano estatutario da Comunidade Autónoma de Galicia de carácter asesor e consultivo para a Xunta e as administracións públicas da comunidade. A súa función principal é velar pola legalidade e o rigor técnico-xurídico das normas e, neste contexto, analiza diversos asuntos de repercusión económica, orzamentaria e patrimonial.

Galego