O Consello Consultivo de Galicia leva 30 anos de actividade desde o Pazo de Amarante, en Santiago de Compostela
En tres décadas este órgano ten emitido máis de 19.000 ditames e informes xurídicos a instancias das administracións galegas
Constituído formalmente en febreiro de 1996, ás competencias consultivas suma desde maio de 2026 as responsabilidades en transparencia e acceso a información pública
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2026.- O Consello Consultivo de Galicia leva 30 anos de actividade como o supremo órgano consultivo da Xunta de Galicia e das administracións públicas da comunidade e, agás uns meses, a súa sede sempre foi o Pazo de Amarante, en Santiago de Compostela. Constituído formalmente en febreiro de 1996, ás competencias consultivas e asesoras, o Consello suma desde maio de 2026, a través da Comisión da Transparencia de Galicia, a responsabilidade de velar polo cumprimento da transparencia e do acceso á información pública polas administracións galegas.
Este 21 de novembro de 2026 cumpriuse o 30 aniversario da inauguración do Pazo de Amarante como sede do Consello Consultivo de Galicia, espazo que tamén acolle ao Consello Económico e Social (CES) de Galicia e ao Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL). Unha placa no interior do edificio lembra que foi Manuel Fraga, quen en 1996 era o presidente da Xunta de Galicia, a autoridade encargada de inaugurar estas instalacións administrativas.
Antes de converterse en sede destes organismos de Galicia, foi necesario acometer con urxencia unhas obras de acondicionamento xa que, previamente, o inmoble sito na Algalia de Abaixo de Santiago de Compostela estivo funcionado moitos anos como Palacio de Xustiza e precisou de ser adaptado.
Concibido como unha edificación civil, que seguiu as pautas do estilo barroco, a historia do Pazo de Amarante remóntase a segunda metade do século XIX, cando foi construído baixo a autoría de Juan López Freire. O edificio, que conta cun amplo xardín e responde a unha tipoloxía do típico pazo compostelán da época, está dividido en dous andares e un semisoto, salientadas por franxas almofadadas. Pero a súa maior singularidade é amosar un monumental frontón recto que abrangue cinco dos once panos que compoñen a fachada.
30 ANOS DE ACTIVIDADE DO CONSELLO CONSULTIVO
Máis alá da efeméride da propia sede, en 2026 tamén se cumpriron os 30 anos de funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, que ven desenvolvendo unha ampla actividade a prol da o rigor técnico-xurídico das normas na Comunidade. Ao longo das súas tres décadas de traxectoria, este órgano ten emitido máis de 19.000 ditames e informes xurídicos a instancias das administracións galegas.
Creado mediante a Lei 9/1995, do 10 de novembro, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o 29 de novembro de 1995, o Consello Consultivo de Galicia quedou constituído formalmente o 23 de febreiro de 1996. O órgano iniciou a súa actividade consultiva e aprobou o seu primeiro ditame (o Ditame 1/1996) uns meses antes de que, o 18 de xullo de hai 30 anos, se publicase de forma oficial no DOG o seu Regulamento de organización e funcionamento definitivo, aprobado mediante o Decreto 287/1996, do 12 de xullo.
O Consello Consultivo de Galicia, aínda que xurdido dunha norma de 1995, está regulado na actualidade pola Lei 3/2014, do 24 de abril. O supremo órgano consultivo da Xunta e das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia actúa con independencia respecto de calquera órgano e, en garantía dela, goza de autonomía orgánica e funcional, non estando os seus membros ligados por ningún mandato imperativo.
Así emite ditame en cantos asuntos, relativos ás materias previstas na Lei 3/2014, sexan sometidos á súa consulta pola Presidencia da Xunta de Galicia, o Consello da Xunta ou calquera das persoas que forman parte del, as administracións do sector público autonómico, as entidades locais e as universidades públicas de Galicia.
Neste tempo, o Consello Consultivo de Galicia estivo presidido por José Antonio García Caridad (1996-2008), por Mª Teresa Conde-Pumpido Tourón (2008-2014), por José Luis Costa Pillado (2014-2024) e, desde hai dous anos e na actualidade por Andrés Lago Louro.
NOVAS COMPETENCIAS DESDE MAIO
Por outra banda, a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno foi modificada a través da Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e estableceu que a Comisión da Transparencia de Galicia quedase desde o 1 de maio de 2026 adscrita ao Consello Consultivo de Galicia. Ao mesmo tempo, a Presidencia de este Consello asumiu as funcións do Comisionado da Transparencia.
A Comisión da Transparencia de Galicia, como órgano independente baixo a adscrición ao Consello Consultivo de Galicia, resolveu desde o 1 de maio e ata finais de outubro deste ano un total de 371 expedientes de petición de información pública de particulares dirixidos principalmente a concellos galegos e departamentos da Xunta.
Manage Cookie Consent
Utilizamos cookies propias e de terceiros para optimizar o noso sitio web e o noso servizo.
Funcionais
Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Benvidos e benvidas á páxina web do Consello Consultivo de Galicia
Como presidente do Consello, e en nome de todos os que integramos esta institución, quero agradecer a súa visita á nosa sede virtual. Énchenos de orgullo abrir esta xanela ao público, ofrecendo un acceso transparente e directo ao noso labor de asesoramento xurídico á administración galega.
O Consello Consultivo de Galicia é o supremo órgano consultivo da Xunta e das administracións públicas galegas, e en pleno século XXI, a comunicación aberta e fluída coa cidadanía é máis importante que nunca. Esta páxina web non só é unha canle para informar, senón tamén unha ferramenta útil que facilita o acceso á nosa doutrina xurídica, consolidada ao longo de case tres décadas de traballo. Aquí poderán consultar os máis de 18.000 informes e ditames emitidos, así como as memorias anuais que trasladamos ao Goberno da Xunta de Galicia.
A tecnoloxía e a intelixencia artificial xa son unha realidade no noso Consello Consultivo. Estas ferramentas permítennos ser máis eficientes e accesibles, o que reforza o noso compromiso coa transparencia e a innovación no ámbito xurídico. Estamos convencidos de que estas innovacións axudarannos a seguir sendo un referente na mellora da calidade normativa para Galicia.
Comprometémonos a manter unha relación próxima e accesible cos cidadáns, compartindo de forma clara as resolucións que emitimos. O noso obxectivo é seguir sendo un referente xurídico para Galicia, contribuíndo á mellora das decisións administrativas e fortalecendo o marco legal que rexe a nosa convivencia.
Desde o Consello Consultivo traballamos cun propósito claro: mellorar a calidade normativa da nosa comunidade, dotándoa de ferramentas xurídicas sólidas que protexan e defendan os seus intereses. É unha honra para min presidir esta institución no seu continuo labor pola defensa da legalidade na actuación administrativa que redunde, en última instancia, no benestar de toda a cidadanía.