Canal interno

CANLE INTERNA DE INFORMACIÓN CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

Acceso á Canle interna de Información

Regulación da Canle interna de Información

NORMATIVA RELACIONADA:

INFORMACIÓN CANLE INTERNA DE INFORMACIÓN DO CCG

REGULACIÓN LEGAL:

A Canle interna de Información do Consello Consultivo de Galicia é a canle electrónica habilitada para denunciar calquera infracción normativa ou acto de corrupción no ámbito laboral que se coñeza do organismo coa fin de que se investigue, e no caso de que se constate unha práctica irregular, poda ser corrixida ou reparada o antes posible, evitando ou minimizando os danos.

FORMAS DE PRESENTAR A COMUNICACIÓN

Existen diversas formas de presentar a comunicación:
1.- Canal interno de información do Consello Consultivo de Galicia.
Esta é a vía preferente de entrada, de carácter telemático, utilizando o formulario dispoñible na páxina web: https://ccgalicia.es/canle-interna
Na presentación, a persoa informante poderá identificarse utilizando un certificado electrónico ou Cl@vePIN, ou no caso de non utilizar ningún dos sistemas de autenticación, a comunicación considerarse anónima.
Esta vía permite unha comunicación bidireccional e anónima, xa que está pensada para comunicarse de maneira áxil, sen necesidade de realizar notificacións formais, e posibilita achegar documentación.
O sistema proporcionaralle un código alfanumérico a través do cal a persoa denunciante poderá obter información sobre o estado de tramitación do expediente.
2.- Mediante comunicación dirixida ao seguinte correo electrónico: canlededenuncias@ccgalicia.es, na que a persoa informante poderá consignar os seus datos identificativos ou realizar a comunicación de forma anónima.
3.- Por correo postal dirixido a:

Persoa responsable da Canle de denuncias interna
Rúa da Algalia de Abaixo, 24,
C.P. 15704
Santiago de Compostela, A Coruña

Na comunicación a persoa informante poderá consignar os seus datos identificativos ou realizala de forma anónima.
Esta forma mantense para facilitar a comunicación de información para aquelas persoas que prefiran utilizala pero está máis en desuso.
Unha vez efectuada a denuncia, a persoa responsable do sistema remitirá ou entregará un xustificante de recepción da denuncia á persoa denunciante nun prazo máximo de cinco días hábiles a partir da recepción (artigo 17.4 Lei).

GARANTÍAS:

A Canle interna de Información do Consello Consultivo de Galicia respectará as garantías que establece a Directiva (UE) nº 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consejo, do 23 de outubro, relativa á protección das persoas que informen sobre as infraccións do Dereito da Unión, que foi incorporada ao dereito español pola Lei 2/2023, do 20 de febreiro, do 20 de febreiro. A Lei protexe á persoa informante e ás persoas do seu entorno (compañeiros/as de traballo ou familiares) fronte a posibles represalias que poida sufrir como consecuencia da comunicación da infracción.

QUEN PODE INFORMAR:

A comunicación por esta Canle interna de Información pode realizala calquera persoa (persoal ao servizo do órgano consultivo, persoal de empresas externas, persoal en prácticas), de forma anónima ou de forma nominativa, na que se garanta a confidencialidade da súa identidade. Así, poden ser persoas informantes as que obtivesen a información sobre as infraccións nun contexto laboral ou profesional no ámbito do Consello Consultivo de Galicia, comprendendo en todo caso: a) As persoas que teñan a condición de empregados públicos do Consello Consultivo de Galicia (persoal funcionario de carreira ou interino, persoal estatutario, persoal eventual e persoal laboral). b) Calquera persoa que traballe para ou baixo a supervisión e a dirección de contratistas, subcontratistas ou provedores do Consello Consultivo de Galicia.
É dicir, inclúense ás persoas informantes que comuniquen ou revelen publicamente información sobre infraccións obtida no marco dunha relación laboral, funcionarial ou estatutaria xa finalizada, persoal voluntario, bolseiro, persoas traballadoras en períodos de formación con independencia de que perciban ou non unha remuneración, así como a aqueles cuxa relación aínda non comezase, nos casos en que a información da infracción fose obtida durante o proceso de selección ou de negociación precontractual.

SOBRE QUE SE PODE INFORMAR A TRAVÉS DESTA CANLE?

Pódense informar sobre calquera accións ou omisións relacionadas co funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, que poidan ser constitutivas das infraccións que se indican no artigo 2 da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, do 20 de febreiro, nas que se inclúen:

a) Infraccións do Dereito da Unión Europea sempre que:

1. Entren dentro do ámbito de aplicación dos actos da Unión Europea enumerados no anexo da Directiva (UE) 2019/1937, con independencia da cualificación que das mesmas realice o ordenamento xurídico interno, que versan sobre as seguintes materias:

  • Contratación pública.
  • Servizos, produtos e mercados financeiros, e prevención do branqueo de capitais e o financiamento do terrorismo.
  • Seguridade dos produtos e conformidade.
  • Seguridade do transporte. • Protección do medio ambiente.
  • Protección fronte ás radiacións e seguridade nuclear.
  • Seguridade dos alimentos e os pensos, sanidade animal e benestar dos animais.
  • Saúde pública.
  • Protección dos consumidores.
  • Protección da privacidade e dos datos persoais, e seguridade das redes e os sistemas de información.

2. Afecten os intereses financeiros da Unión Europea tal e como se contemplan no artigo 325 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE); ou

3. Incidan no mercado interior, tal e como se contempla no artigo 26, apartado 2 do TFUE, incluídas as infraccións das normas da Unión Europea en materia de competencia e axudas outorgadas polos Estados, así como as infraccións relativas ao mercado interior en relación cos actos que infrinxan as normas do imposto sobre sociedades ou con prácticas cuxa finalidade sexa obter unha vantaxe fiscal que desvirtúe o obxecto ou a finalidade da lexislación aplicable ao imposto sobre sociedades.

b) Infraccións penais ou infraccións administrativas graves ou moi graves.

En todo caso, entenderanse comprendidas todas aquelas infraccións penais ou administrativas graves ou moi graves que impliquen quebranto económico para a Facenda Pública e para a Seguridade Social.

Sobre que NON se pode informar a través desta canle?

  • Esta canle NON poderá utilizarse para realizar queixas ou suxestións.
  • De conformidade co artigo 2.4 da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, a protección prevista na Lei non será de aplicación ás informacións que afecten á información clasificada. Tampouco afectará ás obrigas que resulten da protección do segredo profesional dos profesionais da medicina e da avogacía, do deber de confidencialidade das Forzas e Corpos de Seguridade no ámbito das súas actuacións, así como o segredo das deliberacións xudiciais. Tampouco se aplicará ao deber de segredo das persoas que integran o Consello sobre o contido das súas deliberacións (artigo 8 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia).
  • De conformidade co artigo 2.5 da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, NON se inclúen no ámbito material do presente sistema, as informacións relativas a infraccións na tramitación de procedementos de contratación que conteñan información clasificada ou que fosen declarados segredos ou reservados, ou aqueles cuxa execución deba ir acompañada de medias de seguridade especiais conforme á lexislación vixente, ou nos que o esixa a protección de intereses esenciais para a seguridade do Estado.
Español