José Luis Costa Pillado

Currículo

Naceu en Cambados no ano 1954. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou por oposición na carreira xudicial, exercendo como Xuiz de ingreso nos Xulgados de Ibiza e A Estrada e como Xuiz de ascenso en Pontevedra, onde ascendeu á categoria de Maxistrado en 1988, exercendo como tal no Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 5 de esa capital e, dende o ano 1988, no Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1. No ano 2003 foi nomeado Maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo de TSJ de Galicia, onde permaneceu ata o ano 2008, en que foi nomeado Conselleiro do Consello Consultivo de Galicia e posteriormente Presidente do mesmo.

Foi Xuiz-decano dos Xulgados de Pontevedra, presidente da Xunta Electoral de Zona de Pontevedra en cinco procesos electorais, Xuiz titor de alumnos da Escola Xudicial por designación do Consello Xeral do Poder Xudicial, profesor da Escola de Práctica Xurídica de Pontevedra e relator en cursos e seminarios relacionados, entre outras materias, co dereito administrativo.

En febreiro de 2014 foi proposto polo Parlamento de Galicia como candidato a maxistrado do Tribunal Constitucional.

Galego