POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS DO CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

Información xeral sobre a protección de datos

A protección das persoas físicas en relación co tratamento dos seus datos persoais é un dereito fundamental protexido polo artigo 18.4 da Constitución española que recoñece á cidadanía a facultade de controlar os seus datos persoais e a capacidade para dispoñer e decidir sobre os mesmos.
Ten a consideración de dato persoal toda información que permita identificar ou facer identificable a unha persoa física.
Esta páxina contén información sobre a aplicación da normativa en materia de protección de datos persoais no Consello Consultivo de Galicia.

¿Quen é o responsable do tratamento?

O responsable do tratamento é o órgano ou entidade que determina os fins e medios do tratamento dos datos persoais. No ámbito do Consello Consultivo de Galicia, con carácter xeral, configúranse como responsable do tratamento a Presidencia do Consello Consultivo de Galicia, en virtude da superior dirección da institución que ten conferidas en virtude do artigo 18 da Lei do Consello Consultivo de Galicia e 13 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia.

Tratamento de datos persoais polo Consello Consultivo de Galicia

Constituirá un tratamento de datos persoais calquera operación realizada sobre datos persoais como a recollida, rexistro, organización, estruturación, conservación, adaptación ou modificación, extracción, consulta, utilización, comunicación por transmisión, difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso, cotexo ou interconexión, limitación, supresión ou destrución.

Finalidades xerais

O Consello Consultivo poderá tratar os datos persoais da cidadanía coa finalidade de cumprir as función encomendadas pola Lei do Consello Consultivo de Galicia e o Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia. En particular, e sen prexuízo de outras:

a) Ditaminar e informar os diferentes procedementos administrativos e informar aos interesados sobre a súa tramitación.
b) Verificar os datos e documentos que as persoas interesadas declaren a través das diferentes solicitudes para comprobar a exactitude dos datos.
c) Realizar notificacións.
d) Elaboración de estadísticas.

Lexitimación ou bases xurídicas para o tratamento

Con carácter xeral, o tratamento dos datos persoais no Consello Consultivo basearase na necesidade de dar cumprimento a unha obrigación legal, no cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable sobre a base do Dereito autonómico, estatal ou da Unión Europea. En determinados supostos, o tratamento virá lexitimado polo consentimento das persoas afectadas.
A normativa básica estatal e autonómica que xustifica a lexitimidade do tratamento dos datos persoais, e que se complementa coa sinalada en cada procedemento ou servizo, é a seguinte:

•Lei 3/2014, de 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia •Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia •Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas •Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público •Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público

Prazos de conservación

Os datos persoais serán conservados mentres sexan necesarios para as finalidades de cada tratamento e, en todo caso, durante os prazos previstos pola lexislación vixente, atendendo ao requirido pola normativa vixente respecto á retirada do consentimento, á supresión dos datos polas persoas interesadas ou ao exercicio doutros dereitos.

Destinatarios dos datos

Os datos tratados polos diferentes responsables no Consello Consultivo de Galicia poderán ser comunicados, cando sexa estritamente necesario e conforme ao previsto na lexislación vixente, a un ou varios dos destinatarios indicados a continuación, sendo esta listaxe meramente informativa. Os destinatarios concretos dos datos especifícanse nas cláusulas informativas correspondentes a cada procedemento ou servizo.

•Entidades bancarias necesarias e á Administración Tributaria no marco dunha relación económica. •Outras administracións públicas competentes, incluídos Xulgados e Tribunais e organismos da Seguridade Social segundo o ámbito de cada tratamento. •Ou Diarios Oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios, a fin de dar a publicidade legalmente esixida aos distintos procedementos.

O Consello Consultivo non adopta en ningún caso decisións automatizadas ou realiza elaboración de perfiles en base aos datos persoais que obran no seu poder.
Non se realizan transferencias de datos a Terceiros Países.
Os datos obteñense do exercicio das función legalmente previstas para esta institución (ver “Lexitimación”).

Dereitos das persoas interesadas respecto dos seus datos persoais

O Consello Consultivo de Galicia garantirá e facilitará en todo momento á cidadanía o exercicio dos seus dereitos en materia de protección de datos de carácter persoal. Estes dereitos son:

•Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información, no seu caso, sobre o devandito tratamento.
•Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos.
•Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente.
•Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento.
•Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recollidos na normativa vixente.
•Dereito á portabilidade dos datos: dereito a recibir os datos que proporcionou nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou a que sexan transmitidos directamente a un terceiro nos supostos establecidos na normativa vixente.
•Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos no interesado ou lle afecte significativamente de modo similar.
•Dereito a retirar o consentimento: cando o tratamento dos datos estea baseado no consentimento das persoas interesadas, estas poderán retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada.

O Consello Consultivo ten a disposición da cidadanía formularios normalizados para o exercicio destes dereitos.
Sen prexuízo de calquera outro recurso, as persoas interesadas terán dereito tamén a presentar unha reclamación ante a autoridade de control (Axencia Española de Protección de Datos).

Tramitación dos dereitos:
Presentando a súa solicitude asinada e por escrito en Oficinas de rexistro e información das Administracións Públicas ou Oficinas de Correos, dirixida a:

R/ Algalia de Abaixo, 24, 2ª
CP15704 Santiago de Compostela

Información sobre o Delegado de Protección de Datos

En cumprimento do previsto no Regulamento europeo de protección de datos, o Consello Consultivo de Galicia procedeu á designación dun Delegado de Protección de Datos, coa configuración, réxime xurídico e funcións previstas no artigo 37 e ss da devandita norma.

¿Que é un/unha delegado/a de protección de datos e en que lle pode axudar?

Os/as delegados/as de protección de datos teñen como función informar, asesorar e supervisar o cumprimento interno da normativa vixente en materia de datos persoais no Consello Consultivo de Galicia.

Para contactar co delegado de protección de datos desta institución, pode empregar calquera das seguintes canles de comunicación:

Enderezo electrónico: secretaria@ccgalicia.es
Tel.: 981-552110
Fax.: 981-583315
Enderezo postal: C/ Algalia de Abaixo, 24 - 15704 Santiago de Compostela