Novas

Últimas novas publicadas no Consello Consultivo de Galicia

MEMORIA ANUAL DO ANO 2020 DO CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA
Data de emisión: 21/06/2021
Data de publicación: 21/06/2021

De acordo co artigo 15 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia e co artigo 2 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, este organismo elevará dentro do primeiro semestre de cada ano unha memoria anual ao Consello da Xunta de Galicia na que exporá a actividade desenvolvida, así como as suxestións que se consideren oportunas en relación cos actos e procedementos administrativos obxecto de ditame para a mellora das actuacións administrativas. A memoria do ano 2020 foi aprobada polo Pleno do Consello Consultivo de Galicia con data 9 de xuño de 2021 e da referida memoria deuse conta ao Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do17 de xuño de 2021. Nas vindeiras semanas publicarase a memoria do ano 2020 na páxina web do Consello Consultivo de Galicia. Achegamos nota informativa.
NOVA COMPLETA

O CONSULTIVO E A FEGAMP ASINAN UN CONVENIO PARA REFORZAR O ASESORAMENTO XURÍDICO ÓS CONCELLOS
Data de emisión: 21/04/2021
Data de publicación: 21/04/2021

O presidente do Consello Consultivo de Galicia (CCG), José Luis Costa Pillado, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela Paz, asinaron hoxe un convenio de colaboración que permitirá habilitar novas ferramentas para ampliar e reforzar as canles de asesoramento xurídico ós concellos galegos...
NOVA COMPLETA

NOMEAMENTO DO PRESIDENTE DO CCG
Data de emisión: 03/02/2021
Data de publicación: 03/02/2021

Hoxe, 3 de febreiro de 2021, publícase no Diario Oficial de Galicia o Decreto 16/2021, do 1 de febreiro, polo que se nomea presidente do Consello Consultivo de Galicia a José Luis Costa Pillado, vista a proposta formualada polo Pleno do órgano o 25 de xaneiro de 2021.
DECRETO 16/2021

NOVO CONSELLO CONSULTIVO
Data de emisión: 13/01/2021
Data de publicación: 03/02/2021

No DOG nº 16 de hoxe, 26 de xaneiro, dáse publicidade á Resolución do 13 de xaneiro de 2021, pola que se fai público o acordo plenario polo que se designa ao conselleiro integrante da Sección de Estudos e Informes do Consello Consultivo para o ano 2021, que é don Ignacio de Loyola Aranguren Pérez, do que achegamos CV. Ignacio de Loyola Aranguren Pérez

NOVO CONSELLO CONSULTIVO (PDF)
Data de emisión: 21/01/2021
Data de publicación: 03/02/2021

Hoxe damos publicidade ao Decreto 6/2021, do 21 de xaneiro, polo que se nomean conselleiros electivos do Consello Consultivo de Galicia (DOG nº 15, do 25 de xaneiro de 2021).

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO PLENO DO CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA (PDF)
Data de emisión: 18/11/2020
Data de publicación: 18/11/2020


Cuestións relativas á potestade sancionadora en relación co Covid-19 (PDF)
Data de emisión: 14/10/2020
Data de publicación: 16/10/2020