CURRÍCULOS

D. Ignacio de Loyola Aranguren Pérez


Naceu en Cáceres no ano 1967. É licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid (a través do colexio universitario San Pablo CEU). Accedeu á carreira xudicial pola quenda de oposición na convocatoria en data 17 de maio de 1995, formando parte da primeira promoción que cursou estudos selectivos na escola xudicial de Barcelona.

No ano 1988 foi destinado no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Sigüenza (Guadalajara), posteriormente accedeu por antigüidade á categoría de Maxistrado, sendo destinado no Xulgado único Penal de Figueres (Girona).

Superadas as oposicións a Maxistrado especialista da orde Contencioso-Administrativo obtivo praza na Sala do Contencioso-Administrativo de Galicia. Seleccionado polo Tribunal Constitucional como letrado de dito órgano incorporouse ao mesmo ata o ano 2004, no que retorna á súa praza na Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Desde o ano 2007 a petición do presidente da Sala do Contencioso-Administrativo e por acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia foi nomeado presidente da Sección Terceira da Sala Contencioso-Administrativo ata o seu nomeamento como conselleiro electivo do Consello Consultivo de Galicia.

Participou como dos Tribunais de selección dos aspirantes ao corpo de letrados da Xunta de Galicia durante tres convocatorias (anos 2004 a 2007); e ten realizado diferentes cursos, relatorios ou conferencias na EGAP ou CGPJ, e asi mesmo ten escrito artigos doutrinais en revistas como a Revista Xurídica Galega ou a Revista da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia ou "Noticias de la Union Europea".