CURRíCULOS

PRESIDENTA Dª María Teresa Conde-Pumpido Tourón

Naceu en Pontevedra no 1951, é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Avogada en exercicio en Vigo desde 1977. En 1984, e ata 1989, ocupou a Presidencia da Confederación Estatal de Avogados Xóvenes. No ano 1994 accedeu ao cargo de maxistrada polo cuarto turno de xuristas de recoñecido prestixio. Desde novembro de 2005 ocupa praza de maxistrada especialista na Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dirixiu varios cursos do Consello Xeral do Poder Xudicial e é autora de numerosas publicacións, con especial atención a temas relacionados coa igualdade de xénero.