É un órgano consultivo, de carácter técnico xurídico, creado pola Lei 9/1995, do 10 de novembro, de Galicia, que está ao servizo das administracións públicas da Comunidade Autónoma, e que, ao igual que outros órganos semellantes existentes no noso país -Consejo de Estado ou consellos consultivos autonómicos-, ten como fin último velar pola legalidade dos actos e as disposicións administrativas e, en xeral, pola observancia da Constitución, do Estatuto de Autonomía de Galicia e do resto do ordenamento xurídico.
Para iso e a instancia das autoridades da Xunta de Galicia ou das corporacións locais, elabora ditames xurídicos na fase do procedemento inmediatamente anterior á toma de decisión por parte destas, e sobre a base dunha proposta que lle é sometida para o seu exame xurídico. O ditame pode ser confirmatorio ou contrario ao acto ou disposición que se pretende adoptar, segundo estes resulten ou non axustados a dereito.
O Consello goza de independencia no exercicio da súa función e en garantía desta e da súa obxectividade, está dotado por Lei de plena autonomía, orgánica e funcional respecto de calquera outro órgano da Administración.
NORMATIVA:
· Lei 9/1995, do 10 de novembro.
· Decreto 282/2003, do 22 de maio.