Composición

O Consello Consultivo de Galicia estará integrado por conselleiras e conselleiros electivos e máis por conselleiras e conselleiros natos.

As conselleiras e os conselleiros electivos, en número de cinco, deberán ser xuristas de recoñecida competencia que conten cunha experiencia e desempeño efectivo durante polo menos dez anos en cargo, función ou actividade profesional relacionados especificamente con aquelas especialidades de dereito público relacionadas coas actividades do Consello Consultivo. Serán nomeados polo presidente da Xunta, por un período de seis anos: dous unha vez escoitado o Consello da Xunta e os outros tres por proposta do Parlamento de forma proporcional á representación dos grupos parlamentarios existentes na Cámara. Terán como límite máximo de permanencia no cargo de conselleiro electivo a idade de setenta e dous anos.

As conselleiras e os conselleiros natos son as persoas que exerceron a Presidencia da Xunta de Galicia. A súa incorporación inicial ao Consello Consultivo pode producirse en calquera momento, pero en todo caso antes de cumpriren a idade de setenta e cinco anos. Exercerán o seu mandato por un período de seis anos de teren a condición de titular da Presidencia da Xunta de Galicia durante catro ou menos anos, ou por un período de doce anos de teren a condición de titular da Presidencia da Xunta de Galicia durante máis de catro anos.

Composición actual


Presidente Sr. José Luis Costa Pillado 981 552 112 costapillado@ccgalicia.es currículo Sr. José Luis Costa Pillado
Conselleiros natos: Sr. Fernando Ignacio González Laxe 981 552 110 fglaxe@ccgalicia.es currículo Sr. Fernando Ignacio González Laxe
Conselleiros/as: Sr. Ignacio de Loyola Aranguren Pérez 981 552 115 aranguren@ccgalicia.es currículo Sr. Ignacio de Loyola Aranguren Pérez
Sr. José Abelardo Blanco Serrano 981 552 116 abelardoblanco@ccgalicia.es currículo Sr. José Abelardo Blanco Serrano
Sr. José Antonio Fernández Vázquez 981 552 114 jafernandez@ccgalicia.es currículo Sr. José Antonio Fernández Vázquez
Sr. Eduardo Antonio Sánchez Tato 981 552 110 easanchez@ccgalicia.es currículo Sr. Eduardo Antonio Sánchez Tato
Secretaría Xeral: Sr. José Ángel Oreiro Romar (por sustitución) 981 552 111 joreiro@ccgalicia.es