A AMTEGA E O CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA FACILITAR A ADAPTACIÓN DESTE ÓRGANO Á LEI 39/2015 DO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISRACIÓNS PÚBLICAS

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ( AMTEGA), Mar Pereira Álvarez e o presidente do Consello Consultivo de Galicia, José Luis Costa Pillado, asinaron hoxe un convenio de colaboración para facilitar a adaptación deste órgano á Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Este acordo facilitará ao Consello Consultivo o acceso ao catálogo de servizos dixitais que a AMTEGA ten a disposición doutras administracións públicas no marco do Plan de Administración e Goberno Dixital 2020.

Ler a nova enteira

Esta nova foi publicada o 22 / 3 / 2018 e pertence a categoria Actualidade