OS PRESIDENTES DOS CONSELLOS CONSULTIVOS DE CASTILLA Y LEÓN E GALICIA REFORZAN A SÚA COLABORACIÓN

 O presidente do Consello consultivo de Galicia, José Luis Costa Pillado, recibíu hoxe na sede do organismo en Santiago de Compostela ao seu homólogo en Castilla y León, Mario Amilivia González. Na reunión anticipáronse algunhas particularidades das " Jornadas Nacionales de Consejos Consultivos" que este ano corresponde organizar á institución galega e que se celebrarán o próximo outono en Santiago, abordando ademais distintas cuestións comúns ás dúas institucións na súa condición de supremos órganos consultivos das administracións públicas nos seus respectivos ámbitos territoriais.

 

Visita Institucional

Esta nova foi publicada o 6 / 7 / 2017 e pertence a categoria Actualidade