COSTA PILLADO CONSTATA O FORTALECEMENTO DO CONSULTIVO NO DESENVOLVEMENTO LEXISLATIVO GALEGO

 O presidente do Consello Consultivo de galicia, José Luis Costa Pillado, , enxalzou o manifesto fortalecemento experimentado nos últimos tres anos por esta institución, coa asignación de novas e relevantes funcións e coa ampliación do ámbito subxectivo de actuación da súa intervención consultiva, no prólogo da detallada Memoria 2016 que foi recentemente presentada ante o Parlamento de Galicia.

Este maior peso xurdíu, en primeiro termo, ao configurar o lexislador ao Consello Consultivo como supremo órgano consultivo non só respecto do Goberno galego, senón tamén da Xunta de Galiciae das demais administracións públicas da comunidade autónoma. En segundo lugar, ese robustecemento veu ao sumar entre as súas funcións a posibilidade de intervir na actividade prelexislativa do executivo, tanto coa emisión de ditames facultativos nos procesos de elaboración de leis, como coa redacción de anteproxectos de elaboración de leis, como coa redacción de anteproxectos lexislativos a instancias do consello da Xunta.

Costa Pillado puntualiza que igual ou maior relevancia que estas novidades tivo a atribución á institución que preside de facultades para a emisión de informes sobre cuestións concretas que o presidente da Xunta considere trascendentes para Galicia, posibilidade que se estendeu o pasado exercicio aos presidentes de entidades locais.

 

Memoria 2016

Esta nova foi publicada o 28 / 8 / 2017 e pertence a categoria Actualidade